A Asemblea por un Vigo +Social organiza este venres día 11 de xaneiro, á 6 da tarde, na Casa Galega da Cultura, na rúa Princesa, o faladoiro “Servizos Sociais en Vigo, experiencias e propostas”.
O mesmo estará dinamizado pola voz de diferentes profesionais que traballan no ámbito da intervención social: Alba P. Vaquero, traballadora social e presidenta de Contorna Social, asociación galega de profesionais do traballo social na área de Vigo; Ana Pardo Fernández, traballadora social de Provivienda, asociación que traballa na promoción do dereito a unha vivenda digna e Iria Vázquez Silva, profesora de socioloxía na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, experta en xénero.