Segundo os datos difundidos polo Servizo Galego de Saúde, a área sanitaria viguesa mellora no recorte da listas de espera. Neste eido, aumenta a actividade e reduce as “demoras medias globais”, que en ciruxía baixan nun 10%.
Ao remate de 2018, a “demora media global” para operarse en Vigo era de 79,8 días, 9 días menos que en 2017. A espera ‘media’ para ver ao especialista foi de 50.5 días, 3,1 menos que un ano antes (- 5,7%).
37.000 intervencións realizadas
O ano pasado, dacordo cos memos datos, o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo superou as 37.000 operacións. En concreto, os profesionais efectuaron 579 máis que o ano anterior (+un 3,5%). Delas, 30.082 foron programadas (804 máis, +2,75%) e 6.927 urxentes.
Dende a Área de Vigo sublímase o aumento da cirurxía ambulatoria con 18.497 procedementos desta modalidade, o 61,4% do total.
Polo que se refire a demoras por especialidades, 7 das 14 especialidades cirúrxicas, sitúan a súa espera por debaixo dos 65 días. As que presentan mellores resultados son Cirurxía Torácica (28,8 días); Uroloxía (30,8 días); Neurocirurxía (43 días) ou Cirurxía Vascular (50,8 días) .
Os responsábeis de Área de Vigo destacan que a demora media para as intervencións cirúrxicas de Prioridade 1 é de 21.85 días, 2,4 menos.
Urxencias
No referido ás Urxencias, tanto as do hospital como as dos Puntos de Atención Continuada, en mantense moi similares as do ano 2017.
O Sergas indica que as urxencias de atención primaria atendidas nos PACs baixaron un 1,3%. No ano foron 265.833 atencións nos 10 dispositivos da área sanitaria. O PAC de Vigo realizou 61.469 atencións urxentes, un 1% menos que no pasado exercicio.
As urxencias hospitalarias creceron minimamente, nun 0,16%. Un total de 181.106 pacientes recibiron atención urxente no Álvaro Cunqueiro. Deles 129.626 foron adultos, 41.037 menores de 15 anos, e 10.443 obstétricas. Do total das urxencias atendidas, un 15,02% requiriron ingreso hospitalario.