Galicia

@En_Marea forza ao Goberno a renegociar os orzamentos do Estado para Galicia

A voceira de En Marea no Congreso anunciou este luns que o grupo retiraba a petición de comparecencia da ministra de Facenda. A decisión está xustificada polo acordo co Goberno para reabrir as negociacións para aumentar o investimento en Galicia.

“Alcanzamos un principio de acordo co Goberno”, dixo Yolanda Díaz. A deputada engadiu que “esta semana ábrese un grupo de traballo para negociar outra proposta de orzamento para Galicia”.

A deputada amosou a súa “satisfacción” por este cambio de rumbo do Goberno. “Os nosos votos son determinantes”, salientou. “A proposta orzamentaria para Galicia non era boa”, engadiu.

También te puede interesar