O número de galegos anotados nas oficinas de emprego aumentou o pasado més de xaneiro en 5.505 persoas.
Segundo os datos difundidos este luns polo Ministerio de Traballo e Seguridade Social, o paro medrou un 3,25% en Galicia. A día 31 do mes pasado 174.800 galegas e galegos estaban sen traballo.