Comarcas

A semana que vén empeza a ampliación do centro de saúde de Pazos de Borbén

O próximo mércores día 13, o Servizo Galego de Saúde iniciará as obras de ampliación do centro de saúde de Pazos de Borbén. Nas mesmas o Sergas realizará un investimento de preto de 150.000€.

Mentres duren os ttraballos, “e para evitar os desprazamentos da poboación a outros concellos, o SERGAS dotará dun Punto de Atención Móbil a esta localidade”.

Con esta medida, o departamento sanitario quere garantir que a poboación siga sendo atendida no mesmo lugar. Serán os mesmos profesionais os que presten a mesma asistencia. Ademáis evítase que os veciños teán que desprazarse a outras localidades .

Este mesmo venres comezou o operativo para a instalación deste dispositivo, emprazado ao carón do Concello. Este Punto de Atención  está composto por dúas Unidades móbiles “deseñadas con gran versatilidade”. Isto permite a súa configuración como centro de saúde, quirófano ambulatorio, centro de probas diagnosticas ou de formación. 

También te puede interesar