Galicia

Video @VillaresLuis sobre o acto de @pablocasado_ y @FeijooGalicia en Vigo, “non se pode estar con Galicia e coa Falanxe ao mesmo tempo”

Así  dixo este venres, en Vigo, o seu voceiro nacional. O lucense Luis Villares adiantou que o Consello das Mareas aprobará este mesmo sábado calendario de primarias para elixir os candidatos da formación ás Eleccións Xerais do 28 de abril.

Villares comentou o acto, celebrado na sede do Celta, en Vigo, organizado polo Partido Popular, e no que coincidiron Pablo Casado e Alberto Núñez Feijóo.

“Vimos a Feijóo e a Casado facer votos por un pacto coa extrema dereita”, asegurou o voceiro de Marea. Luis Villares salientou, en relación ao mesmo que “non se pode estar con Galicia e coa Falanxe ao mesmo tempo, coa igualdade e co machismo ao mesmo tempo, e defender Galicia e pactar cos que queren a supresión Autonomía”.

Te podría interesar