Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Médicos dos PAC de Vigo rexeitan o modelo de Atención Primaria da Xunta e fan unha contraproposta

A mesma foi apoiada, por unanimidade, na asamblea celebrado no Colexio Médico de Vigo

O Colectivo ‘PAC´s en Pé de Guerra’ de Vigo mantivo unha xuntanza este xoves,  21 de febreiro, para valorar as votacións ao borrador presentado pola Administración e o novo modelo de Atención Primaria.

Os traballadores lamentaron que o Goberno de Galicia dea por pechada a negociación. Valorouse,” coa participación das persoas máis criticas”, a posibilidade de mellora do borrador. A conclusión foi unha “contraproposta de consenso apoiada por unanimidade na asemblea celebrada no Colexio Médico de Vigo.

Situación da Atención Primaria na Área de Vigo

Tamén se abordou a nova situación que se está a dar en toda a Atención Primaria coa mobilización do colectivo de Precarias afectadas polo contrato lixo ofertado polo Sergas, o descontento xeneralizado das traballadoras de Atención Primaria e a falta de concreción nas reivindicacións trasladadas polos xefes de servizo.

Asemade,valorouse de forma moi negativa” o documento do Novo Modelo de Atención Primaria. Neste documento moitas das reivindicacións realizadas polo colectivo de PAC´s, como a falta de persoal, non son abordadas de forma directa. Non define como será o traballo das Urxencias Extrahospitalarias nin si se manterá o actual horario de atención. Deixa entrever unha “volta ao modelo anterior baseado nunhas Urxencias Extrahospitalarias sen dotación de persoal propio e pivotado sobre a voluntariedade das persoas que desenvolven a súa labor en consulta ordinaria”.

Ao colectivo preocúpalle a falta de claridade e a incerteza que hai nestes momentos sobre o seu futuro.

Denegación de días por asuntos propios

Por último, o colectivo quere denunciar unha vez máis a denegación sistematica dos días por asuntos propios por necesidades asistenciais. Os permisos por asuntos propios de 2018 poden solicitarse ata o 31 de marzo e moitos  foron denegados.

De “especial gravidade é a situación do PAC de Porriño”. Alí, a “Xerencia obriga ao equipo a traballar por falla de persoal, no seu  fin de semana libre do mes,”. Ao mesmo tempo, “nos últimos días continuouse cos descubertos nalgúns servizos como Vigo ou A Guarda”. A xuízo dos traballadores, “se esta é a situación en febreiro, é seguro que no verán nos vexamos novamente desbordados”.

Te podría interesar