As Asociacións Veciñais de Teis e Chapela convocan para este sábado, día 23, ás 6 da tarde, unha nova manifestación contra a peaxe de Rande. A mesma servirá para esixir ao Goberno do Estado que remate a peaxe, que a autoestrada pase a ser unha vía urbana dende Padín e que tome medidas contra a contaminación acústica en Teis e Chapela.
Haberá servizo de autobuses de balde de regreso desde Cabanas até o punto de partida da manifestación.