Comarcas

@AsNevesConcello e Moncao estarán unidas por unha ponte colgante para peóns e bicicletas, sobre o Miño

Os alcaldes de Moncão e das Neves, Antonio Barbosa e Xose Manuel Rodriguez Méndez, xunto cos técnicos visitaron os lugares onde se proxecta a construción e instalación dunha ponte colgante no río Miño.

A ponte peonil, que  permitirá o paso de bicicletas, será posta en marcha a través do programa de cooperación europeo POPTEC. O mesmo forma parte do Estudo de Mobilidade Transfronteriza, que impulsa a Deputación, como un elemento singular da zona e un pontente atractivo turístico.

O Miradoiro de San Francisco, preto de Porto Maior, e a Freguesía da Bela son os puntos de unión que permitirán conectar o galego Sendeiro dos Pescadores coa Portuguesa Ecopista.

También te puede interesar