O Concello de Ponteareas informa de que ata o venres, día 22 de marzo, estará aberto o prazo para presentar na oficiña de emprego a documentación de acceso aos 43 postos de traballo que se ofertan dentro do “Plan Concellos”.
Trátase dunha iniciativa á que o concello e a Deputación de Pontevedra destinan máis de 600.000€ para a contratación de persoas desempregadas.
Os e as interesadas deberán trasladar á oficina de emprego local o códido CNA do posto de traballo ao que queren optar. Os contratos serán a xornada completa e cunha duración de entre 7,5 e 10 meses, segundo as necesidades dos servizos e os salarios que recibirán os contratados serán iguais aos dos traballadores do Concello.
Por medio do Servizo Galego de Emprego (antigo INEM)
O antigo INEM realizará unha preselección que facilitará ao concello para que o tribunal formado por empregados públicos realice a entrevista e proba práctica, se procede, ás persoas previamente seleccionadas pola oficina de emprego. A vindeira semana o concello fará pública a data da entrevista e proba práctica.
Toda a información relativa ao proceso de contratación está dispoñíbel na web do Concello na pestaña “oferta de emprego público”-https://ponteareas.gal/oferta-emprego-publico/– e fisicamente no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
Reforzo de servizos municipales
Con estas contratacións reforzaranse numerosos servizos como medioambiente e desbroces, oficina técnica, vías e obras, administración, educación infantil, limpeza, turismo, residencia de maiores, escola infantil e servizos sociais
Na selección terán preferencia as vítimas de violencia de xénero, persoas maiores de 45 anos, persoas con familiar monoparental con fillos a cargo, persoas con niveis de renda máis baixa e persoas con cargas familiares.
150 persoas contratadas en tres anos
Este é o cuarto exercicio do Plan Concellos que, desde o 2016, permitíu contratar en Ponteareas a 150 persoas desempregadas, destinando para ese fin case 1,5 millóns de euros. O pasado ano por vez primeira o concello puido aportar 100.000 euros e neste ano 2019 a súa achega alcanza os 330.000€ “grazas ao saneamento da economía municipal”, o que permite acadar a axuda máxima da Deputación e o máximo de contratos posibeis.