Comarcas

O centro de saúde Val Miñor, en Nigrán, acolle os grupos terapéuticos de Afaga para coidadores de pacientes con Alzhéimer

Os grupos terapéuticos para coidadores familiares de persoas con alzhéimer ou outras demencias, a cargo de  Afaga en colaboración coa Fundación Pasquall Maragall, impártense este ano no centro de saúde Val Miñor  de Nigrán.

Estas sesións terapéuticas, que comezarán en abril, teñen como finalidade ofrecer ao coidador as ferramentas necesarias para atender correctamente ao seu familiar enfermo e xestionar ben as súas emocións, é dicir, aprender a facer fronte á enfermidade de Alzhéimer no día a día.

Están dirixidas por unha psicóloga, e validada cientificamente. Os grupos estarán formados por 10 coidadores non profesionais, e a intervención terapéutica divídese en 14 sesións de 90 minutos, unha por semana, máis 6 sesións de seguimento e valoración da evolución.

Nestas sesións exponse temas relacionados coa enfermidade de Alzhéimer, cómo manexar determinadas situacións que se producen no día a día, a que recursos sociais teñen dereito; e abórdanse aspectos fundamentais como o autocoidado, o xeito de xestionar as  emocións, a aceptación da enfermidade, técnicas de relaxación, etcétera.

As sesións son gratuítas e a data límite de inscrición é o 27 de marzo de 2019. As persoas que deexen obter máis información poden facelo no teléfono de Afaga: 986 22 97 97 ou no correo electrónico: [email protected]

También te puede interesar