Hoxe o Parlamento galego aprobará a constitución da Ponencia Conxunta para comerzar a elaborar o anteproxecto de Lei de Fomento da Cultura da Paz de Galicia, unha iniciativa promovida fai case dous anos polo Seminario Galego de Educación para a Paz sobre os precedentes da Lei Catalana de 2003 e a española de 2005.
O borrador anexo contempla 9 artigos nos que se abordan o obxectivo da lei, o ámbito de aplicación, actuacións no ámbito dos dereitos humanos, na convivencia democrática, no ensino e na cooperación, nos medios de comunicación social, no desarmamento global, iniciativas de promoción da paz e a creación dun Intituto Internacional pola Paz. Deste xeito se crearían as estruturas de participación específica en materia de paz e a consolidación de medidas concretas de apoio á cultura de paz de carácter anual, con orzamentos propios.