Coincidindo co Día Mundial da Agua, que se celebra este venres, Marea de Vigo vén de esixir ao Goberno local que non prorrogue a concesión a Aqualia. Marea pide que se denuncie o contrato este mesmo ano antes de que se prorrogue automáticamente en 2020.
Marea de Vigo considera que “este 2019 ten que ser o ano da reversión en pública de xestión da auga e saneamento en Vigo” e do cambio radical no sistema tarifario que lastra as economías familiares viguesas dende hai casi 30 anos”
O voceiro do Grupo Muncipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, afirma que “a perda da empresa pública EMAVISA (Empresa Municipal de Augas de Vigo S.A.) é unha perda patrimonial e de carácter económico social que agora sería imprescindible recuperar”.
Pérez subliña que Marea de Vigo segue a defender un modelo alternativo ao actual de xestión privada concesionada, ampliado en 2015 tras vencer a concesión de Aqualia o 2020 e que neste ano 2019 tería que se denunciar para evitar a entrada automática dunha nova ampliación por 5 anos ata 2025 como figura no prego concesional.
“Temos unha boa oportunidade para plantexar a remunicipalización e cambiar o sistema tarifario actual. Por moito acordo do Pleno que exista para modificalo, soamente a redacción dun novo concurso pode facelo” matiza Rubén Pérez.
Para Marea de Vigo, resulta un erro político grave que “a cambio da actual concesión por 5 anos, Aqualia poña enriba da mesa investimentos que maioritariamente nada teñen que ver co subministro de auga, como un plan verde, dinosetos, humanizacións como a de García Barbón nas que a rede de abastecemento e submistro apenas é o 20% da obra, e un longo etcétera”.
Dende o Grupo municipal da Marea de Vigo, afírmase que “hai que deixarlle claro á concesionaria que non queremos que pague nada, queremos que deixe de xestionar a auga de vigo e de lucrarse co recibo inxusto que agora pagamos por bloques bimestrais de 30 metros cúbicos de consumo mínimo”
O compromiso que Vigo podería acometer neste día Internacional da Auga, para a Marea de Vigo baséase nos seguintes puntos:
Revisión de toda a rede para detectar lugares onde existen fugas permanentes e centrar os investimentos nestas. Plan de renovación xeral da rede de abastecemento.
Anular o baldeo de rúas con auga potable e estudar no laboratorio municipal a posible reutilización da auga depurada que enviamos á ría a través dos emisarios das edar de Teis e Coruxo. Un plan de aproveitamento para regadío e baldeo das rúas con agua da chuvia, recollida en taques de tormenta e depósitos para tales usos.
Empezar xa o estudo de remunicipalización e reapertura de EMAVISA (empresa municipal de auga privatizada nos 90) para que en 2020 a auga sexa 100×100 pública en Vigo.
Instauración do bono solidario. Garantir un consumo mínimo gratuíto de auga de 3 metros cúbicos e a partir deste progresividade no recibo. Considerando que a orixe do problema do abusivo recibo da auga en Vigo ten orixe no sistema que recolleu na concesión a privatización da empresa municipal de augas EMAVISA nos anos 90 (consumo cun primeiro tramo de 30 metros cúbicos bimensuais) o que significa ter un sistema de tramos tarifarios tremendamente inxusto, (no recibo da auga págase un mínimode 30 m bimensual, aínda que non se consuman, cousa que ocorre en moitas vivendas con persoas maiores, ou con unha ou dúas persoas).
Tarifa xusta por consumo. Tendo en conta tamén que nos últimos 12 anos o recibo da auga aumentou un 206%, catro veces o IPC de 12 anos. (Se os veciños e veciñas de Vigo consumiran o que pagan xurdirían rapidamente problemas de abastecemento en toda a cidade).