Imaxes:Paula Crespo/Yolanda Díaz, deputada de Marea na pasada lexislatura, e candidata nas vindeiras Eleccións Xerais por En Común Podemos, mantivo este mércores unha xuntanza co Comité de Empresa da Autoridade Portuaria de Vigo para coñecer a situación laboral dos traballadores.
Ao remate da mesma Díaz denunciou que a negociación do Convenio Colectivo para os traballadores do Porto, “con demandas de hai dez anos”, está “bloqueado”.
A candidata sinalou coma culpable ao ministro de Fomento, José Luis Ábalos, ao que pediu que remate coa precarización, que aporte unha solución á situación dos traballadores do Porto creando novos postos ao tempo que demandoulle que “deixe de facer negocio cos organismos públicos”.
Yolanda Díaz tamén foi moi crítica coa xestión do presidente da Autoridade Portuaria e esixiulle que se xubile. “Señor López Veiga, xubílese xa, é unha indecencia que coa falta de emprego e coas condicións laborais que temos este señor, con esa idade, siga nun posta de relevancia”.