O Concello da Guarda ven de contratar a medición da concentración de Radón en aire en 21 edificios públicos de propiedade municipal.
A Guarda atópase xeográficamente nunha zona cunha alta concentración de substrato granítico no subsolo, e por elo que pode presentar unha alta taxa de radón, un elemento químico gaseoso e inestable no tempo, procedente da cadea de desintegración do uranio que, emite partículas radioactivas de gran enerxía e altamente ionizantes.
Segundo informa o Concello, “como medida preventiva de saúde realizarase unha primeira medición da concentración de radón en 21 edificios públicos como colexios, instalacións deportivas, sanitarias, culturais e de servizos”.
O obxectivo é comprobar se algunha das medicións rexistradas se atopan por riba dos umbrais establecidos. Neste caso realizarase unha segunda medición continua con equipos activos para determinar como varía esta concentración nun período de 72 horas, medindo pormenorizadamente todas as estancias dos inmobles.
Para a instalación e ubicación dos detectores en cada edificio de titularidade municipal-dende a semana que ven- terase en conta a ocupación de persoas, tempo de permanencia nas mesmas, así coma a proximidade ao subsolo.