18.700 persoas concorrerán ás oposicións convocadas pola Consellería de Educación, nos distintos corpos docentes, segundo os datos compilados ao peche do prazo para presentar as solicitudes.
Convocáronse 2.064 prazas en 36 especialidades. Do total das prazas desta oferta de emprego público, 1.122 son relativas á taxas de reposición, 666 á estabilización de emprego temporal e 276 son prazas de promoción interna.
O sorteo público dos tribunais terá lugar o día 22 de maio de 2019. Para aquelas persoas que teñan que realizala, a proba de acreditación de coñecemento do galego terá lugar o día 7 de xuño de 2019, ás 18 horas, no IES As Fontiñas (Santiago de Compostela); mentres que os que teñan que acreditar o seu coñecemento do castelán a proba será tamén o 7 de xuño, ás 17 horas, no mesmo centro educativo.
O procedemento selectivo dará comezo o día 22 de xuño de 2019. O acto de presentación de asistencia obrigatoria para todos os aspirantes celebrarase ese mesmo día ás 9 horas