Milleiros de persoas achegáronse este venres santo e hoxe, sábado, á Feira do Requeixo e do Mel de As Neves, que este ano alónga a súa celebración a estes dous días.
Pregón da Feira do Requixo e Mel das Neves
Publiée par Concello As Neves sur Vendredi 19 avril 2019
Os asistentes, que gozaron dun día estupendo cunha tempertura inmellorabel, acabaron coas racións que se serviron onte e, segundo os primeiros datos, aínda non oficiais, só este sábado, duplicáronse case as ventas tanto do requeixo coma de mel, ademáis das de viño no postos que as distntas Denominacións de Orixe tiñan na carpa da Praza Maior.
Onte o día empezara co pregón, moi especial, do chef Iván Domínguez, do restaurante Nado, ‘Estrela Michelín’ e integrante do Grupo Nove. O chef fixo, en directo, diante de centos de persoas, tres receitas dempergando orequeixo coma un dos principais ingredientes das mesmas.
Ademáis tivo lugar a entrega dos premios do II Concurso de Receitas Requeixo das Neves, no que paticiparon, en grande número, estudantes do Obradoiro de EFA-A Cancela, que coparon os primeros postos entre os gañadores.
De seguido seguiu a animación musical, xa pola tarde a actuación de Circo Chosco, na mesma Praza Maior, para os cativos, e pechou a xornada, no mesmo escenario, o concerto de A Banda das Crechas e Davide Salvado.
É a agradable novidade deste 2019: un segundo día de Feira que empezou hoxe co Kaiak do Requeixo, no río, da man dos integrantes de Paralelo Zero. Seguiu co I Gran Capítulo Cofradía do Tinto das Rías Baixas e continua co ‘Vermú Musical’.
O remate da feira será para as rapazas e rapaces coa actuación, xa pola tarde, da man de ‘Os Meninos’, na Praza Maior.