Galicia Vigo al minuto

Adxudicadas por 880.000€ as obras de mellora da seguridade na estrada PO-552, en Vigo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de mellora de seguridade na estrada PO-552, en Vigo, cun investimento de máis de 808.000€ e un prazo de execución de 8 meses.

Segundo informa o Goberno de Galicia, trátase da mellora da seguridade viaria nun treito de 4,5 quilómetros da estrada PO-552, entre a intersección coas estradas de Matamá e Muíños e á entrada de San Miguel de Oia.

Os traballos abranguen a transformación da intersección coas estradas a Matamá e Muíños, situada no punto quilométrico 1+100 da marxe dereita, executando unha glorieta. Tamén se converterá noutra rotonda a intersección co Camiño de Romeu, situada no punto quilométrico 1+780,que comunica coa PO-325.

As tarefas inclúen a reordenación da intersección de baixada á Gándara, no punto quilométrico 2+100, na que se restrinxirán os xiros, que poderán realizarse na nova glorieta do punto quilométrico 1+770 e na existente no 2+300.

Tamén se executará unha nova glorieta no punto quilométrico 3+060, que permitirá restrinxir o de entrada á rúa Manuel Lago, e outra no punto quilométrico 5+100 para moderar a velocidade e facilitar os cambios de sentido en condicións de seguridade.

Intervirase en pequenos tramos de beirarrúas, complementarios á mellora das interseccións, reforzarase a sinalización dos pasos de peóns do tramo, e limitarase o aparcadoiro nos 10 m anteriores para facilitar a súa percepción, e melloraranse as paradas de autobús.

You may also like