'Qué te cuentas?'

@festivaldecans acolle, por segundo ano, ‘FuraCans’, con nove curtas de non ficción

As entradas para FuraCans están dispoñibles dende este martes: 180 para o pase de mañá e 90 para o de tarde

Neste espazo, no que se poderá ver unha panorámica xeral do que están a realizar parte das xeracións máis novas do cinema galego.”Atoparemos obras actuais e arriscadas que exploran diferentes variantes do documental e do cinema experimental e que van á procura dunha mirada propia e persoal”.

Nove curtas

Nas nove curtas seleccionadas, que se proxectarán o sábado 25 de maio, emerxe o traballo dunha interesantísima xeración de realizadoras e realizadores nacidos, sobre todo, na década do 90.

Haberá propostas documentais como ‘Hora silenciosa’, de Noelia Muíño, onde esta cineasta de O Pino que está a formarse na Universidade de Nova York nos introduce na vida das monxas de clausura do Convento de San Paio de Antealtares.

‘En la boca de la mina’, do monfortino Brandán Cerviño, que terá a súa estrea mundial en Cans e que está gravada na antiga cidade mineira de El Cobre en Cuba, país onde se formou e desenvolve a súa obra.

Por outra banda, atopamos curtametraxes que se constrúen desde exploracións autobiográficas e o traballo cos recordos, como o ‘videodiario 16-11-2016 / 13-5-2017’ de Marta Valverde (que xoga coa pantalla partida para despregar apuntes diversos da súa vida), ‘Devalar de Mar García’ (onde a cineasta retrata a súa aldea dende a visión da infancia), ou ‘Cando mamá pechou as caixas’, de Arancha Brandón (que trata as dificultades ás que a nai da directora se enfronta cando decide pechar o negocio familiar).

As entradas para FuraCans están dispoñibles dende este martes 23 de abril, na tenda.festivaldecans.com a un prezo de 6 euros.

Estas entradas darán acceso as proxeccións das curtas de non-ficción, que terán lugar o sábado 25 de maio, podendo elixir entre a sesión matinal ou sesión de tarde. O aforo é reducido, poñeranse 180 entradas para o pase de mañá e 90 para o de tarde, polo que se recomenda adquirilas axiña.

You may also like