O venres 3 de maio ás 19:30 está convocada unha asemblea aberta co obxectivo de organizar “Sindicato Inquilinas de Vigo”. Será nos locais da parroquia do “Cristo da Vitoria” en Coia.
En diferentes cidades de Europa e do Estado Español agromaron grupos que organízanse para loitar contra a burbulla do alugueiro. Dende a Oficina de Deritos Sociais de Coia (ODS-Coia) sublíñase que “en Galicia, especialmente en Vigo, o prezo das vivendas en alugueiro non para de medrar”.Mesmo “hai uns días podíamos ler titulares como este: “O prezo dos alugueiros segue medrando, cunha suba do 16% nas cidades dende o 2015″.
“Sen dúbida o dereito a unha vivenda digna está en perigo”, engaden, sinalando que “os grandes capitais xiran a súa mirada cara a vivenda para seguir enchendo os petos, e para iso non reparan en afogar con subas ou expulsar a aquelas inquilinas que son molestas para os seus negocios”.