Un home de 82 anos de idade morreu este venres, no concello de Carballo, logo de caer no interior dunha fosa séptica, dun 2 metros da altura, na súa casa.
Segundo os servizos de Emerxencias, o suceso produciuse preto da 1 da tarde. Axiña acudiron ao lugar Bombeiros de Bergantiños, axentes da Garda Civil, voluntarios de Protección Civil e persoal do 061. Os médicos nos puideron facer nada para salvar a vida do home, que faleceu no mesmo lugar.