Galicia Vigo al minuto

Sanidade asegura que 1.139 dos 1.510 integrantes do Persoal de Enfermería de Vigo teñen a súa praza en propiedade

A dirección da Área Sanitaria de Vigo vén de asegurar que os datos facilitados pola CIG sobre a situación do persoal de Enfermaría son “manifestamente incertos”.

Neste sentido, dende o Servizo Galego de Saúde (Sergas) indícase que “no momento actual,  o 75.43% do persoal de enfermaría da area sanitaria de Vigo, en atención primaria e hospitalaria,  é persoal fixo, con praza en propiedade”.

Isto supón, salienta o Sergas que, das 1.510 enfermeiras que forman o cadro de persoal, 1.139 teñen praza en propiedade.

“Na última década, nos 12 procesos de Oferta Pública de Emprego OPE celebrados no Servizo Galego de Saúde, 997 enfermeiras obtiveron a praza fixa en Vigo”. Ademais,engade o Sergas,   por medio do Plan de Estabilidade do ano 2017,  dotáronse 38 prazas de enfermeiras na Área Sanitaria viguesa.

En xeral,  conclúe, desde o ano 2015 o crecemento de persoal de enfermería de cadro de persoal ten sido de 118  prazas. E, á vista destes datos acusan á CIG de ter coma “única finalidade de deteriorar a imaxe da sanidade pública galega, cos seus intereses postos nas eleccións sindicais do vindeiro 23 de maio”.

You may also like