Galicia

O Ministerio de Traballo descualifica a Servicarne como cooperativa

O Ministerio de Traballo vén de comunicar a descualificación de Servicarne como cooperativa, decisión que significa a perda administrativa desta cualificación. Esta resolución podería supoñer, unha vez esgotados os recursos, a súa disolución e a apertura do proceso de liquidación.

“A CIG leva anos denunciando que Servicarne é unha falsa cooperativa que a patronal do sector cárnico utiliza como instrumento para contratar man de obra barata sen cumprir os convenios colectivos nin o Estatuto dos Traballadores”, sinalan dende a central sindical.

Condicións laboráis inferiores

Entre os argumentos que xustifican a decisión salienta o feito de que Servicarne non conta con organización produtiva propia e que, a pesar das aparencias, a estrutura organizativa e empresarial apenas existe e as ordes proveñen da empresa principal. Tamén se pon de manifesto que se ben hai un número importante desocios traballadores”, o título é puramente nominal, ao non gozar de autonomía algunha.

Ademais, sinálase que as condicións de traballo dos socios resultan inferiores aos dos traballadores que prestan servizos nas empresas clientes. A isto engádese o feito de que a incorporación como socio traballador á cooperativa é unha condición obrigatoria para poder acceder ao emprego.

Finalmente, sinálase que as baixas están condicionadas polas necesidades de man de obra “e realízase un uso torticeiro e abusivo do período de proba de seis meses, como elemento de flexibilidade absoluta”.

También te puede interesar