Galicia Vigo al minuto

@Yolanda_Diaz_ insta á Xunta e ao Goberno a apoiar unha solución de futuro para Vulcano

Yolanda Díaz, deputada de En Común Unidas Podemos, manifestou este venres  a súa preocupación polo futuro de Factorías Vulcano, toda vez que a finais deste mes debe estar entregado o ferri que o estaleiro vigués está rematando estes días.

“Coñecendo a situación de Vulcano, amosamos a nosa solidariedade cos traballadores que están en risco de perder os seus postos de traballo e coma sempre, defendemos o sector naval tendo en conta de que Vulcano é un icono para a cidade de Vigo”, afirmou a deputada.

Díaz subliñou que é imprescindible que as administracións públicas se involucren para dar unha saída á situación do estaleiro. “A solución pasa pola protección dos postos de traballo e por garantir o futuro deste estaleiro”, afirmou.

Desde En Común demandamos “unha participación activa dos poderes públicos para redefinir un modelo que pode ser posible, outro tipo de proxectos tamén lideradoros no porto de Vigo que poden ser xeradores de emprego” pero “o máis urxente é a defensa dos traballadores sobre os que pende o seu posto de traballo”.

A deputada advertiu que “sería imprescindible que os novos inversores se comprometeran á continuidade da actividade en Vulcano, así como ao mantemento dos postos de traballo da plantilla que non se poda aínda acoller a un plan de xubilacións”.

También te puede interesar