Dende este xoves, día 16 de maio, non se porden abrir máis locais de apostas en Galicia. Na actualidade, dacordo cos datos da administración galega, hai 118 salóns de xogo e 41 tendas de apostas funcionando, o con permisos en tramitación.
Con esta medida, salienta o Goberno de Galicia, o que se pretende e que non haxa máis locais deste tipo dado que nas vindeiras semanas haberá xa unha proposta de Lei de Xogo de Galicia.
A Xunta evita, así “que se poida aproveitar o período previo á súa entrada en vigor para especular e pór en marcha novas instalacións”.
O proxecto de lei de xogo, contou, segundo o Goberno galego, coas achegas e suxestións de persoas e sectores implicados. A previsión é que estea en exposición pública o mes que ven antes de pasar, primeiro ao Consello da Xunta e logo ao Parlamento para a súa aprobación.