Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer más#26M @bngvigo propón a creación dunha ‘Renda Social Municipal’ para combater a pobreza
O candidato do BNG á Alcaldía mantivo este xoves un encontro sobre políticas sociais no que participaron representantes de diferentes colectivos sociais da cidade.
Xabier P. Igrexas, explicou a proposta do Bloque de dotar a Vigo dunha ‘Renda Social Municipal’. “Trátase de redefinir o actual modelo de axudas, con diferentes convocatorias, deslabazadas e moi burocratizadas, para atender mellor a situación de emerxencia social que padece Vigo, con 61 mil persoas en risco de exclusión social e pobreza”.
Igrexas contrapuxo a súa proposta fronte ao modelo “raquítico e de reparto de miseria que practicou o goberno municipal do PSOE”, lembrando que na convocatoria do cheque social do pasado ano 1 de cada 3 solicitudes ficaron sen ningunha axuda.
“Nun momento no que a Renda de Integración Social de Galicia (Risga) e outra axudas non garanten a subsistencia material das persoas, a renda social municipal quere ser un ingreso complementario con estas outra axudas para avanzar cara a uns ingresos de como mínimo o salario mínimo”.
O candidato do BNG denunciou que “PP e PSOE practican ao final a mesma política fronte a pobreza e o empobrecemento: moita propaganda pero pouca axuda real” cun modelo que cualificou de “asistencialismo e reparto de miseria”.
Centro de Inclusión Social
Entre as medidas do programa social do Bloque, Pérez Igrexas subliñou o compromiso das nacionalistas cara a redimensionar o actual albergue municipal para convertelo nun verdadeiro centro de inclusión.
“Hoxe en Vigo hai, segundo datos do propio Concello, máis de 600 persoas sen teito pero o albergue ten só 38 camas. Por iso nós dicimos que non poderemos falar dunha cidade humanizada mentras non evitemos que nin unha soa persoa teña que durmir na rúa, nun parque ou nun caixeiro”.
Parque Municipal de Vivenda
A proposta de dotar a cidade dun parque municipal de vivenda social, que evite que se produza ningún desafiuzamento sen alternativa e permitir o acceso á vivenda á mocidade e ás clases traballadoras e populares, ou o compromiso en dotar de máis medios os colapsados servizos sociais municipais, duplicando o seu persoal e despregando novos programas, foron outras das medidas debulladas no encontro.
Anterior
El número dos de Vox se declara admirador de la Falange y califica a Primo de Rivera como "uno de los grandes hombres de la historia de España"
SiguienteO Tribunal Superior de Galicia ratifica a decisión do Parlamento de declarar caducada a iniciativa lexislativa popular a favor de Porto Cabral