É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másA Área Sanitaria de Vigo incorpora á primeira médico de Familia formada en Portugal
A Área de Vigo vén de incorporar ao seu persoal, este mércores pasado, a unha médico de Familia procedente de Portugal.
Dende a dirección da Área infórmase que a nova modalidade contractual empregada para a substitución contempla que o réxime de prestación dos servizos sexa en varios centros de saúde dentro do mesmo distrito sanitario, polo que esta profesional dará cobertura ás ausencias de médicos titulares en 8 dos 16 centros de saúde da cidade de Vigo -A Doblada, Bembrive, Sárdoma, Lavadores, Matamá, Teis, R/Cuba e Taboada Leal-.
“O novo contrato foi posto en marcha para promover a estabilidade dos profesionais propios e facer captación de médicos de fóra de Galicia e incluso de España”, sinalan os responsables da Área Sanitaria viguesa.
Neste momento, a área sanitaria de Vigo ten contratados a catro médicos de familia con esta vinculación, que están traballando nos concellos de Redondela -con cobertura aos centros de saúde de Redondela, Chapela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes-; Porriño -atende a Porriño, Salceda de Casela e Mos-; Tui/A Garda -atende a Tui, Tomiño, Goián, A Garda, O Rosal Tabagón e Santa María de Oia; e Vigo.