O Servizo Galego de Saúde investirá máis de medio millón de euros na adquisición de novos equipos electromédicos para os centros de saúde da área sanitaria de Vigo. Así figura no expediente de licitación difundido polo Sergas.
O orzamento de licitación ascende a 579.348€, cantidade irá destinada á adquisición de 57 electrocardiógrafos -234.498€-, 50 desfibriladores -272.250€- e 3 ecógrafos -72.600€-, que se incorporarán aos centros de saúde da área sanitaria viguesa.
Dende o Sergas subliñan que “esta adquisición é unha das medidas a curto prazo comprometidas no marco do Plan de Atención Primaria 2019-2021, de renovación de equipamento e material de diagnóstico obsoleto dos centros de saúde así como a dotación do equipamento necesario”.