O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra iniciará este vindeiro luns, día 3 de xuño, as obras de reforma integral de case trece quilómetros da estrada provincial EP-4006 que une Ponteareas e As Neves.
Segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, a actuación na estrada provincial EP-4006 ten un orzamento de 568.387€ abrangue dende o punto quilométrico 0+000 ata o 12+850 e pretende mellorar a seguranza viaria e peonil rehabilitando de forma integral o firme da actual traza: levantarase todo o aglomerado en mal estado, e aplicaranse diferentes emulsións asfálticas, regos de adherencia, mesturas bituminosas e microaglomerados que garantirán a seguridade da nova plataforma.