Galicia Sucesos

Unha persoa morreu e 91 resultaron feridas en accidentes de tráfico nas estradas galegas a pasada fin de semana

Una persona herida tras ser atropellada en Vigo

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana a 92 persoas debido a 68 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 31 e as 12 menos un minuto da noite do pasado domingo, 2 de xuño.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 87. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en sete accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 69 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres ocasións.

En 76 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 15 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto do sinistro.

You may also like