O Diario Oficial de Galicia publica este luns a convocatoria das oposición para cubrir 354 prazas de médico e 772 de persoal técnico en coidados de Enfermería, na sanidade pública galega.
Segundo indica a convocatoria, nas ofertas para médicos 254 son para médicos de familia, 93 para pediatras e 7 para odontólogos de centros de saúde.
O prazo de inscrición finaliza o 3 de xullo e as persoas que queiran facer as probas terán que presentar unha solicitude de participación normalizada, por medio da ‘Oficina Virtual do Profesional’.