Os primeiros contactos para configurar os gobernos municipais, logo das Eleccións do pasado día 26 de maio, xa se prduciron e, en algún casos sinalan en direccións diferentes das do anterior mandato.
Este é o caso de As Neves onde entre 2015 e 2019 o goberno local, integrado por Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Partido Socialista (PSdG-PSOE), estivo dirixido polo nacionalista Xosé Manuel Rodríguez Méndez.
O 26M, os resultados no concello nevense foron de 4 concelleiros para o Partido Popular-que obtivo o 944 votos-o 38,19% do total-; 4 concelleiros para o BNG, que logrou 831 papeletas-o 33,62%- e 3 representantes para o PSOE, que tivo o apoio do 25,20% dos veciños e 623 votos.
En relación coas Municipais de 2015, o Partido Popular perdeu o 8,25% dos seus votantes, o que representa 235 papeletas e un concelleiro menos; o BNG baixou 96 votos, un 2,85%, quedando co mesmo número de representantes, e o PSOE subiu 211 votos, un 9%, e gañando un concelleiro en relación a hai catro anos.
O BNG quere un goberno de coalición dirixido polo actual alcalde
Á vista destes resultados o actual alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, reuniuse co candidato do PSdG-PSOE, Marcelino Couto, de cara a repetir o goberno de 2015, no que o Bloque tería a Alcaldía e os socialistas a primeira tenencia de alcaldía…pero os socialistas non están dacordo.
O PSOE está dacordo…pero sempre que a Alcaldía sexá para o seu candidato
A súa proposta, en base ao aumento de votos e ao feito de que subisen a súa representación nun concelleiro máis é formar un goberno de coalición co BNG no cal a Alcaldía sería para o candidato socialista, algo ao que os nacionalistas non están dispostos.
vigoalminuto falou con eles e convidou, por suposto, ao candidato do Partido Popular e ex alcalde de As Neves, Raúl Emilio Castro, quen declinou facer declaracións sinalando que as conversas e a iniciativa son agora do BNG e do PSOE.