O Goberno local de Arbo vén de rematar as obras en varios estradas municipais coas que pretende mellorar o servizo que ofrece ás veciñas e veciños, tanto aqueles que circulan en coche coma aos que o fan camiñando.
As obras realizadas nos lugares de Sande parroquia de Mourentan, Moreira na parroquia de Cequeliños, beirarruas nos Eidos de Abaixo na parroquia de Sela e A Chan na parroquia de Arbo, “tiveron como finalidade facilitar, na medida do posible, o acceso ás vivendas neses núcleos de poboación”.
O alcalde en funcións, Horacio Gil, salienta que o Goberno local está a rede de vías municipais, “reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente aquelas que se atopan en terra”.
Gil lembra que unha das súas prioridades é a de mellorar a seguridade viaria, executando ensanches e mellorando o trazado nos treitos máis perigosos.
O alcalde insiste en que pola grande superficie do concello e o grande número de estradas existentes, “a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicado”, sendo necesarios “proxectos de pavimentación que rexeneren completamente a rodadora en ditas estradas e que melloren a seguridade viaria coa optimización do trazado”.