É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer más@depo_es asina con 43 alcaldes e alcaldesas o proxecto de aforro e eficiencia enerxética
O Salón de Plenos do Pazo Provincial acolleu este luns o acto de sinatura do proxecto de aforro e eficiencia enerxética no que a presidenta da Deputación, rubricou os convenios cos alcaldes, alcaldesas e representantes dos 43 concellos que se benefician do programa: Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Pontecesures, O Porriño, Portas, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga e Vilanova de Arousa.
O proxecto permitirá substituír 7.519 puntos de luz por luminarias LED nestes 43 concellos -unicamente se podían presentar os que teñen menos de 20.000 habitantes- e que conta cun orzamento de 4 millóns de euros, dos que 3 millóns achégaos a Unión Europea.
Carmela Silva agradeceu aos 43 concellos “a súa aposta e o seu compromiso por facer dos seus concellos unhas vilas sostibles”, sinalando que “sodes a inmensa maioría de cantos podían participar”.
Silva lembrou que “a sustentabilidade ten que ser unha prioridade das nosas liñas de traballo” e, por iso, “desde a Deputación, e sei que vós tamén, estamos convencidas e convencidos de que a axenda medioambiental ten que marcar a política do século XXI”.
Entre os programas medioambientais que a Deputación porá en marcha de xeito inmediato, resaltan as achegas destinadas á substitución de caldeiras de combustible non renovable por caldeiras de biomasa (416.214 € para Caldas de Reis, A Guarda, Mondariz, Portas e Salvaterra de Miño) ou a renovación do alumeado público exterior en BICs (130.000 € para Baiona, Caldas de Reis, A Guarda, Meis, Poio, Salvaterra e Vilanova de Arousa).