Galicia Vigo al minuto

Empezan as obras na PO-552, entre a intersección das estradas de Matamá e Muiños e a entrada a San Miguel de Oia

Obras

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará este luns, día 1 de xullo, as obras de mellora de seguridade na estrada PO-552, en Vigo, cun investimento de máis de 808.000€.

A Xunta ten programados os traballos de xeito que se afecte o mínimo posible ao tráfico nos meses de xullo e agosto.

As obras consisten na mellora da seguridade viaria nun treito de 4,5 kilómetros, entre a intersección coas estradas de Matamá e Muíños e á entrada de San Miguel de Oia.

As obras previstas comprenden a transformación da intersección coas estradas a Matamá e Muíños, situada no punto quilométrico 1+100 da marxe dereita, executando unha glorieta. Tamén se converterá noutra rotonda a intersección co camiño de Romeu, situada no punto quilométrico 1+780,que comunica coa PO-325.

As tarefas inclúen a reordenación da intersección de baixada á Gándara, no punto quilométrico 2+100, na que se restrinxirán os xiros, que poderán realizarse na nova glorieta do punto quilométrico 1+770 e na existente no 2+300.

Tamén se executará unha nova glorieta no punto quilométrico 3+060, que permitirá restrinxir o de entrada á rúa Manuel Lago, e outra no punto quilométrico 5+100 para moderar a velocidade e facilitar os cambios de sentido en condicións de seguridade.

Intervirase en pequenos tramos de beirarrúas, complementarios á mellora das interseccións, reforzarase a sinalización dos pasos de peóns do tramo, e limitarase o aparcadoiro nos 10 metros  anteriores para facilitar a súa percepción, e melloraranse as paradas de autobús.

You may also like