Este mércores, día 3 de xullo e ate o día 31, estará aberto o prazo para solicitar as axudas de libros e comedor escolar, con opción de pedir cita previa no propio Concello, a través da web municipal ou do teléfono gratuíto 010.
O importe desta convocatoria ascende a 1.205.000€, que se complementan cos máis de 600.000 que o Concello concede ao efecto a través da Federación de Nais e Pais de Alumnos (FOANPAS).
A partida económica pode ser ampliada en 120.000€ máis sen necesidade de nova convocatoria e co obxecto de cubrir toda a demanda, tal e como aconteceu en cursos pasados, onde o importe total ascendeu a 2 millóns.
O alcalde garantiu este luns que “ningunha familia que cumpra cos requisitos quedará sen a súa bolsa de libros e comedor escolar” e engadiu que o orzamento será incrementado “no que sexa preciso” para que “ninguna nena e ningún neno quede sen axuda”.