Vigo al minuto

Contra as drogas, o mellor é previr

Prevención9.896 persoas participaron nas iniciativas de prevención levadas a cabo polos responsables do Plan Local de Drogas e outras Adiccións. As mesmas, como salientou a concelleira de Benestar, desenroláronse, sobre todo, nos centros escolares pero tamén nos eidos de xuventude, muller, cultura e deporte. A cifra supón un incremento de máis do 100% respecto aos participantes do ano anterior, cifrada en 5.102.

Para acadar este obxectivo, destacou que se desenvolve un traballo en rede, no que resulta fundamental a coordinación con outras entidades, como Madro, Érguete ou Alborada. O número global de accións no último ano ascendeu a 453, fronte ás 190 do ano anterior. Salientou que foron desenvolvidas con practicamente o mesmo orzamento, case 172.000 €, aportados polo Concello e pola Xunta.

A concelleira comentou as actuacións que se desenvolven en diferentes ámbitos e resaltou especialmente as que se levaron a cabo no eido educativo, nas que participaron 138 colexios da cidade. Mencionou programas como “Cinensino”, dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO; “Non pasa nada, pasa algo?”, destinado a escolares entre 12 e 18 anos para promover a adopción de estilos de vida saudables; “Odisea”, no que participan xóvenes entre 16 e 18 anos en situación de risco que estudan en centros de garantía social; e “Eu son eu”, posto en marcha este ano e destinado a estudantes de 6º de Educación Primaria.

Fixo referencia a programas nos que os pais e nais son os protagonistas. Entre eles falou de “Máis que un teito”, no que participaron 785 pais e nais e que ten o obxectivo, entre outros, de mellorar as habilidades educativas, de xestión e de comunicación dos pais, nais ou titores. Tamén destacou “En familia todos contan”, dirixido aos proxenitores de familias que se encontran en situación de risco en relación coas drogas.

You may also like