Deportes

Encontro de ‘barrigas’ para inaugurar o novo campo de fútbol de Navia

Campo fútbolVellas glorias para novos campos. Este poderla ser o titular alternativo para informar sobre a inauguración do estadio municipal de Navia que o domingo (12 h.) vai estrearses cun partido entre os veteranos de Celta e Deportivo.

Esta nova infraestrutura deportiva, que levará o nome de Manuel Fernández, ’Pahiño’,que fará o saque de honra, tivo un orzamento de 1,4 millóns de euros, financiados con cargo ao Plan E. As súas dimensións son de 60 x 100 metros e conta con cinco vestiarios e capacidade para 432 espectadores. Segundo o Concello, o campo de fútbol e do polideportivo, que xa está “moi avanzado”, remata a primeira fase das instalacións deportivas de Navia. O pavillón tivo un investimento de 4,5 millóns de euros, terá capacidade para 1.500 espectadores e unha bancada móbil para 384 espectadores.

You may also like