O Sindicato de Profesionais da Sanidade Galega Pública (PROSAGAP), rexeita o novo modelo de contrato anunciado polo Servizo Galego de Saude (Sergas) en acordo cas organizacions Sats , UGT, CESM-OMEGA e CSIF .
Despois de que os médicos negásense a asinar este novo “contrato de excravitude 3.0” e “lonxe de escoitar as críticas dos traballadores, o Sergas e as centrais sindicais asinantes, decidiron ampliar a súa aplicación á enfermaría “ .
Segundo Prosagap, “o que se nos quere vender como arma para para acabar coa precariedade no Sergas, supón só unha ferramenta máis para consolidala e darlle aparencia de legalidade”.
Na súa opinión, este novo modelo de contratación supón non coñecer as quendas de traballo nin os centros e unidades onde os profesionais teñen que ir a traballar, “co cal a conciliación se fai imposible”.
O novo contrato fai que os profesionai teñar que “estar ao dispor do Sergas para que de maneira inmediata e obrigatoria solucionarlle os problemas na xestión das coberturas de determinadas incidencias”.
Establece a disposición xeográfica entre os distintos centros e unidades, mesmo durante a mesma xornada, “co cal en ningún momento garántese a continuidade de coidados” .
Carece e garantía en canto a permisos e libranzas dos traballadores e contén unha evidente “falla de transparencia en canto a tempo mínimo de cada prórroga así como en posibilidade de rexeitamento sen penalización durante o nomeamento , ou de continuidade no mesmo ante determinadas incidencias como pode ser unha baixa laboral ou embarazo entre outras” .
Dende Prosagap denuncian que “estamos afeitos a que o Sergas retorza as leis ao seu antollo , pero esta vez permitiuse mesmo, co beneplácito das organizacións asinantes, declarar oficialmente que se salta o Estatuto Marco para crear un novo nomeamento mais acorde unicamente coas súas propias necesidades”.
Dende o sindicato insisten en que a única maneira de conseguir estabilidade e acabar coa precariedade xerada polo Sergas pasa por convocar a oposición todas as prazas que a día de hoxe atópanse cubertas de maneira fraudulenta, xunto cas que resulte necesario crear para garantir a calidade asistencial, e rematar coa taxa de reposición .