Comarcas

#FestivaisRíasBaixas arranca con 28.000 asistentes a PortAmérica2019 e un 100% de ocupación hoteleira

Con máis de 28.000 persoas asistentes nos tres días do Portamérica, a tempada dos #FestivaisRíasBaixas arrancou na súa primeira parada en Caldas de Reis.

Segundo subliñou a presidenta da Deputación, o éxito do festival foi máis alá do elevado número de asistentes que esgotaron todas as entradas do venres e do sábado por segundo ano consecutivo. “Tamén conseguiu encher os hoteis da comarca de Caldas, e a súa área de influencia do Salnés e de Pontevedra”.

Así tanto o festival, con máis de 30 actuacións de artistas nacionais e internacionais, como o ShowRocking que concentrou a restauradores de todo o mundo, coa presenza de 35 chefs internacionais con 42 Soles Repsol, “foron un éxito rotundo que veñen a consolidar a PortAmérica como unha das grandes citas músico-gastronómicas de España”.

Carmela Silva, valorou positivamente a incidencia do festival no sector turístico. “As comarcas de Caldas, do Salnés e de Pontevedra chegaron ao 100% de ocupación hoteleira e os bares e restaurantes enchéronse, polo que a incidencia económica destes eventos nas nosas vilas e pobos é incuestionable”, asegurou.

También te puede interesar