Asociación Veciñal de Teis denuncia, unha vez máis, a falta de mantemento e o abandono do parque público e do paseo marítimo da ETEA.
Parque publico
O parque público, construído en 2013, ten “as zonas verdes abandonadas, hai lixo no chan e as dúas pistas deportivas están deterioradas”. A asociación cre necesario que se realice periodicamente o mantemento deste parque e dos espazos verdes.
Pista de patinaxe
Os traballos de corta das arbores e do mato no entorno do parque publico hai varios meses, por parte do Concello, provocaron danos especialmente no valado da pista de patinaxe do parque público, feitos dos que ten coñecemento a Concellería de Parques e Xardíns.
O paseo marítimo, realizado polo Concello en 2011, “carece de papeleiras, non se realiza un traballo de mantemento habitual do mesmo, onde tamén abunda a vexetación, como moito cortase unha vez ao ano. Ademais o paseo bordea a praia da Punta e o firme esta moi deteriorado”.
Aseos públicos
Unha vella demanda é a necesidade de instalar nos terreos da ETEA, uns baños públicos, pois “é moita veciñanza que visita a ETEA durante o verán, pero non hai un só aseo”.
Polo que atangue ao parque público e o paseo marítimo, “son dous espazos, cun gran potencial desaproveitados, en contacto coa praia da ETEA e da Punta”.
Desde a Asociación Veciñal de Teis, acusan á Xunta de Galicia e o Concello da situación de abandono do parque público e do paseo marítimo da ETEA. “A falta de coordinación e entendemento entre ambas administracións, que non é a primeira vez que se producen a ETEA, só prexudica a veciñanza de Teis”.