Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

@bngvigo denuncia o recorte, “á metade”, do profesorado de Primaria do CEIP Eduardo Pondal

O Bloque indica que a Consellería de Educación deixa a este colexio con so dous profesores de Primaria

O BNG de Vigo denuncia e rexeita a decisión adoptada pola Consellería de Educación de recortar á metade do profesorado de primaria no CEIP Eduardo Pondal, da parroquia de Sampaio.

O concelleiro Xabier P. Igrexas subliñou que esta decisión deixará este colexio público con dous profesores de primaria, cando na actualidade dispón de catro, e fará que teñan que compartir recursos como o PT (pedagoxía terapeútica) con outros centros.

“A decisión foi adoptada con total opacidade e sen ningún tipo de diálogo coa comunidade educativa”, sinala o concelleiro, “como demostra o feito de que a ANPA fique pendente de ser recibida pola Xefatura Territorial de Educación desde o pasado 1 de xuño”.

Dende o Bloque indican que este recorte abocará ao centro a ter que xuntar alumnado de diferentes niveis educativos nun mesmo grupo, o que se traducirá nunha peor atención educativa, e a falla de profesorado pode comprometer o desenvolvemento de proxectos educativos que se estaban a realizar no centro.

Denuncia no Parlamento

Igrexas cualifica de “gravísima” a situación que provoca esta decisión que considera “arbitraria e inxustificada”. O portavoz municipal do Bloque anunciou que darán traslado desta situación ao Parlamento de Galicia “para que se nos explique desde o Goberno galego cales son os motivos deste recortes” co obxectivo de lograr que finalmente non se apliquen, garantindo que o alumando do CEIP Eduardo Pondal teña “o profesorado suficiente para ser atendido e manter a actual estrutura de grupos

You may also like