A Asociación Veciñal de Teis vén de alertar do mal estado da Baixada á Lagoa e esixe ao Concello que acometa, deinmediato, as obras de mellora da mesma.
Segundo indican os veciños “hai un afundimento sinalizado desde hai un ano pero sen reparar”, situación que xa foi denunciada o pasado ano na Concellería de Fomento.
“A isto hai que engadir que nesta mesma Baixada hai un muro sinalizado en perigo tamén de caerse”, engaden dende a asociación, asegurando que o mal estado desta Baixada provoca dificultades para circular vehículos, principalmente para as praias da Lagoa, A Manquiña e A Fabrica e un dos acesos para o paseo do borde do litoral.