O alcalde inaugurou hoxe Nocturama, unha nova instalación de VigoZoo que permite aos visitantes observar a especies nocturnas. O novo recinto simula a oscuridade durante o día, para que aqueles que visiten VigoZoo poidan observar e coñecer os “hábitos e comportamentos nocturnos” destes animais.
Caballero apuntou que o investimento realizado no Nocturama ascende a 100.000 €, sen incluir a man de obra, cinco traballadores procedentes dos obradoiros de emprego.
Ante os medios de comunicación, o alcalde recordou o “investimento moi importante” realizado no zoolóxico vigués polo actual goberno municipal nos últimos tres anos, un recinto que “non se sostiña” por entón, “certamente deficiente” e cos animais “en mala situación” e lembrou que o de Vigo é o único zoolóxico de Galicia e que está financiado “exclusivamente” con cartos do Concello.