Vigo al minuto

@bngvigo pide ao Concello os informes técnicos sobre o estado do Paseo de Bouzas

O BNG amosou este venres o seu total apoio ás veciñas e veciños de Bouzas que levan varios días facendo ver a súa protesta polo estado do paseo, logo dun ano co mesmo valado e sen que se fixera nada para a súa recuperación.

O concelleiro Xabier P. Igrexas, acompañao pola eurodiputada Ana Miranda, veciña de Bouzas, demandou do Goberno municipal que explique e xustifique, “cos informes técnicos”, e non so cunha frase tan xenérica como “motivos de seguridade”, cal é o estado real do paseo.

As veciñas e veciños de Bouzas queren saber, sixo, si hai un risco estrutural, “ou un colapso arquitectónico” que xustifique que haxa un valado hai un ano e que, no caso de que non haxa danos na estrutura, que se arranxe, se abra de novo e se responda á pregunta de por que non se fixo nada ata hoxe?

Un proxecto grandioso e estupendo…pero participativo

Polo que se refire ao anuncio do alcalde de que nuns días haberá un proxecto ‘excepcional’ para o paseo, o concelleiro do Bloque cualificou este anuncio de “hilarante”, posto que o Concello non é titular, aínda, do mesmo, “é coma si o Concello anunciase un proxecto para a Cidade da Cultura de Santiago”.

Como non é serio o anuncio dun proxecto antes de ter a titularidade do paseo, o BNG pedriá información á Dirección Xeral de Costas do Estado para saber si a concesión é inminente ou como a que anunciara Abel Caballero xa en xaneiro.

Ademáis, engadiu Xabier P.Igrexas, á marxe do proxecto “colosal ou esplendoroso”, esixirá que o mesmo sexa “participativo” e se teñan en conta as propostas e opinións dos veciños.

También te puede interesar