Este vindeiro sábado 27 de Xullo chega O Rosal -22:30 na Praza do Calvario con entrada gratis-‘The Buttshakers’, coa única actuación en Galicia desta banda francesa composta por seis músicos e liderada pola carismática Ciara Thompson (St. Louis USA).
Esta actuación, aseguran os organizadores, River Bucks Asociación Cultural, “non deixará a ningén indiferente ante o seu derroche de enerxía sobre o escenario… a base de Rhythm and Blues, Soul e esa dosis de enloquecido Garaje, o público presente neste concerto non deixará de bailar dende o minuto un ata que remate o último acorde”.
Tina Turner, Sharon Jones, The Sweet Vandals, Charles Bradley, James Brown, Bellrays, …… son algunas das bandas que son referenciales neste concerto solidario onde se recollerán alimentos non perecedeiros en colaboración as asociación ‘Conrazones’ e ‘SOS Tomiño Baixo Miño’.