O presidente do Goberno de Galicia reiteroulle este martes á ministra de Hacienda, María Jesús Montero, a necesidade de que o Goberno central atope unha solución para transferir a Galicia os 700 millóns de euros que lle adebeda.
Alberto Núñez Feijóo transmitiu esta demanda durante a presentación do Anuario 2019 elaborado polo Foro Económico de Galicia, un acto onde tamén estivo presente a ministra María Jesús Montero.
O presidente Feijóo trasladoulle que o actual é un escenario “sen precedentes” na historia da financiación autonómica, polo que agarda que haxa unha solución “o antes posible”. Porque “é xusto” –sinalou-, e tamén porque as Comunidades son imprescindibles para manter os servizos públicos e teñen un papel fundamental para consolidar o crecemento económico de España.
Sin reclamacións ao Goberno Rajoy
A petición de Feijóo, coma a que fixo en agosto de 2018 esixindo 200 millóns ao Estado correspondentes á recadación do IVE, é a primeira que fai o xefe do Executivo galego ao Goberno do Estado nos últimos seis anos.
Durante a presidencia de Mariano Rajoy, maila que a débeda do Estado con Galicia existía, e logo das medidas aprobadas polo Goberno central, o presidente do Goberno galego non plantexara esixencia algunha neste sentido, algo que sublimaron hoxe diferentes responsábeis dos partidos da oposición.