Pese a que a competencia en materia de augas é autonómica, o alcalde indicou que os diagnósticos da auga dos areais permitirán “seguir garantindo a todos os cidadáns que as praias están en perfecto estado de uso“, unha vez Sanidade manifestou onte xoves que as augas son aptas para o baño. “Queremos ter a nosa propia garantía”, deeclarou.
Caballero eloxiou o traballo dos servizos municipais na limpeza contínua dos areais de Teis afectados polo verquido -A Punta, ETEA e Mende-; “deu bo resultado” e indicou que na actualidade as praias continúan limpas de fuel.
O de Vigo é o único laboratorio de Galicia e “telo é unha garantía para todos os cidadáns“, sinalou Abel Caballero, quen destacou a calidade técnica “extraordinariamente elevada” da instalación -que verase incrementada cunha nova máquina por valor de 60.000 euros que entrará en servizo este ano- e a cualificación profesional dos trece traballadores que alí desempeñan a súa labor.
Segundo explicou o laboratorio do Concello realiza “análisis e mostras” periódicas para “garantir o bo funcionamento” dos servizos municipais. Caballero afirmou que entre as súas funcións están o análisis de augas de fontes e piscinas municipais, augas de mar se é preciso e alimentos.