O xulgado do Contencioso – Administrativo nº3 de Pontevedra ven de condenar ao concello porriés a pagar 468.000€,-máis costas xudiciais e intereses de demora- á empresa encargada da xestión da piscina municipal.
O fallo xudicial chega tras o recurso presentado pola empresa que levaba anos sen cobrar polos servizos prestados.
Estes 468.000€ engádense aos 473.592€ o que o Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de Pontevedra condenou, hai uns día a aboar por facturas impagadas a proveedores-o que fai un total de 941.592€, máis custos-. Estas facturas se presentaban no Rexistro Municipal polas empresas eo Concello tiña que rexitalas posto que no existía contrato algún, ainda que prestaron o servizo.
O mesmo aconteceu coa empresa da piscina: as facturas deste provedor de servizos foron rexeitadas polo Goberno Municipal de maneira reiterada, pese estar acreditado que o servizo se estaba prestando e contar con partida orzamentaria destinada a facer frente ao pago do mesmo.