As Neves vivirá unha fin de semana moi activa con actividades programadas para os vindeiros días.
Dunha banda a ‘6ª Festa dos 80’, o sábado, día 3. A mesma empezará ás 12:30 h. na Praza Maiorcunha Concentración de Motos Clásicas; de seguido, ás 13:00 h. a ‘Sesión Vermú’ co ‘Dúo Extensible’.
Pola noite chega o momento central da festa con concertó, ás 23:00 h. de ‘The Broken Peach’, seguido de ‘La Patrulla’e, para pechar, a actuación de ‘La Banda de Mazinguer’.
Camiño das Fontes de Tortoreos
O domingo, día 4, ás 9 da mañá, empeza o ‘10º Camiño das Fontes de Tortoreos’, con saída do Camiño na Fonte da Senra Boa (no Ravelo); a marcha continuará cara á Fonte da Bouza, logo a de Entrerregueiros, Fontre do Rego, a do Reguengo, Fonte da Chan, da Venda, Fonte da Praza de Liñares e Santa Mariña.
Como todos os anos, o percorrido estará amenizado con música tradicional e, por suposto, no faltará, ao final, na Santa Mariña, o polbo e a carne ao caldeiro.